Increíble o do Diario de Ferrol, colleu unha foto do noso blog e
da web, por suposto sen permiso algún, cousa que non tería importancia, se fora para ilustrar unha nova nosa. Pero sacouna do contexto, aproveitando a
nosa foto para cargar contra o concello, algo que habitualmente está a facer,
nunca liña editorial, nada obxectiva.
Nos con esa foto non denunciamos nada (hai moitas cousas que
denunciar e as denunciamos sexa do color que sexa o concello) , pero esa foto
era para mostrar os avances da sinalización da Ruta Ártabra, algo do que por
certo no falan neste diario.
Realmente parece pouco profesional, e de moi mal gusto este tipo
de utilización dun recurso visual propio