23 de maio de 2018

CASE TODA A RUTA REVISADA



ESTAS SON AS CORES DA NOSA RUTA

O monte está impresionante, vaiamos por onde vaiamos, o que si que hai é grande cantidade de biomasa (ou sexa: toxo) no monte que agardemos que non haxa un par de días de nordés...

Temos un par de cambios na ruta para mellorar a experiencia d@s camiñantes: 1) unha baixada de pedras soltas que imos sortear; e 2) no tramo final non imos subir os cotos dos montes de Brión, cruzaremos o Chá pola parte máis baixa.