O sábado 11 de xuño tivemos un fantástico día de camiñada polos montes e a costa de Ferrol. Namentres o resto da península vive unha vaga de calor, neste curruncho ao noroeste do noroeste andabamos coa "rebequita" posta, camiñando entre as nubes polo coto da Lagoa, e desperezando coa brisa que viña do mar. Aquí tedes unha selección das fotografías que fomos tomando...
Proposta Track 2022 Costa Ártabra - Club Montaña Ferrol ...





Con o cambio que fixemos na subida a Lagoa.Certo é que o cortalumes de sempre ademais de estar bastante pechado (logo os montes arden), estaba xa moi roto.Pero a variante por pista pola parte alta de Espiñeira, nos levaba a 50.4kms e por riba, a antiga pista militar está chea de perda solta.Así que non sabemos cando pero fixeron unha a media altura,...
Pouco a pouco imos pechando temas. E mirando de solucionar cousas que pasan. Por exemplo, cando a pandemia pechou o local da AVV de San Xurxo, parada obrigada para o bocata, pero xa non voltou a abrir.O espazo está pero será bo buscar alternativas, temos unha case conquerida!Outra: despois de decenas de anos a subida a Monteventoso feita unha .... un pandeiro. Pois despois...
Unha das subidas mais potentes era ó Coto da Lagoa, moi rota e machada polas bicis e motos, así que estamos a ver, de alongar un puco a ruta pero facela moito mais cómoda, dende o lugar de A Espiñeira cara arriba. ...




Temos os nosos compañeiros, despois de 2 anos que a natureza comeuse todo, repintando toda a ruta, a verdade que as pistas foron limpadas de maleza, en case a súa totalidade, unha ruta que por mais que falamos co concello para que quede de xeito permanente, atopamonos como case sempre con concelleir@s, "cieguisordos". Algo recurrente e de todas as coores...Nos seguiremos a insistir,...
Se o ano pasado ó final facíamos a metade da ruta, por aquelo de non perder o costume, pese pandemia e demais, este ano, xa nos lanzamos e dende xa abrimola inscrición.Pouco a poucu iremos a revisalo camiño, xa vimos no Belelle, que en 2 anos a natureza se papa, pintura e ata as pistas mais anchas, pero seguro que o 11 de xuño...