Con o cambio que fixemos na subida a Lagoa.
Certo é que o cortalumes de sempre ademais de estar bastante pechado (logo os montes arden), estaba xa moi roto.
Pero a variante por pista pola parte alta de Espiñeira, nos levaba a 50.4kms e por riba, a antiga pista militar está chea de perda solta.
Así que non sabemos cando pero fixeron unha a media altura, subindo paseniñamente e arroxando unhas estupendas vistas.
Pois ai queda o cambio feito
Pouco a pouco imos pechando temas.
E mirando de solucionar cousas que pasan. Por exemplo, cando a pandemia pechou o local da AVV de San Xurxo, parada obrigada para o bocata, pero xa non voltou a abrir.
O espazo está pero será bo buscar alternativas, temos unha case conquerida!
Outra: despois de decenas de anos a subida a Monteventoso feita unha .... un pandeiro. Pois despois de pasar por ali marcando, se poñen a ampliala ¿o farán adrede?
Unha das subidas mais potentes era ó Coto da Lagoa, moi rota e machada polas bicis e motos, así que estamos a ver, de alongar un puco a ruta pero facela moito mais cómoda, dende o lugar de A Espiñeira cara arriba.
Temos os nosos compañeiros, despois de 2 anos que a natureza comeuse todo, repintando toda a ruta, a verdade que as pistas foron limpadas de maleza, en case a súa totalidade, unha ruta que por mais que falamos co concello para que quede de xeito permanente, atopamonos como case sempre con concelleir@s, "cieguisordos". Algo recurrente e de todas as coores...
Nos seguiremos a insistir, e sobre todo que o vindeiro 11 de xuño, teñades a mellor das experiencias posibles.
Se o ano pasado ó final facíamos a metade da ruta, por aquelo de non perder o costume, pese pandemia e demais, este ano, xa nos lanzamos e dende xa abrimola inscrición.
Pouco a poucu iremos a revisalo camiño, xa vimos no Belelle, que en 2 anos a natureza se papa, pintura e ata as pistas mais anchas, pero seguro que o 11 de xuño estamos ai de novo
Son 15 anos cos 50 kms de San Andrés e con este 7 de Costa Ártabra.
Non hai ningunha outra con 22 edicións, e queremos seguir estando ai!
Este ano 2021, e como sucedera xa no pasado 2020, a situación sanitaria provocada pola pandemia impediu celebrar con normalidade a edición da Marcha Costa Ártabra de Ferrol como viña sendo habitual, co seu percorrido completo de 50 kilómetros.
Mais non quixemos quedar tampouco na casa, porque está comprobado que o deporte ao aire libre –e respectando os correspondentes protocolos– é ben máis aconsellable que permañecer gardados en estancias pechadas... Así este segundo sábado de xuño lanzamos ao aire a unha proposta para que a xente do club se animara a completar en réxime de autoorganización –cada quen camiñando cos seus, e libremente ao seu ritmo ao longo do roteiro– a primeira metade do trazado circular de Ferrol entre A Malata e o noso habitual punto de comida, nas instalacións da Asociación de Veciños e Veciñas de San Xurxo da Mariña, tamén tradicionais colaboradores da nosa andaina, xa no p.k. 31 da ruta circular de 50km.
Desta volta acompañounos tamén o tempo, moi soleado e ventoso, para gozar da nosa Costa Ártabra, desde as alturas, e tamén a pé de mar... non poideches vir? podes revivir as sensacións botando un ollo á galería do noso compañeiro Fonso:
Dúas dúcias de ovos a Santa Clara, fan miragres!!!
O resumo en cifras: ao final 139 persoas inscritas, 6 delas non tomaron a saída na Malata, e polo que sabemos, 7 dos participantes non chegaron ao final da ruta. Os restantes 126 completaron os 50 kilómetros, os últimos fixeronna nun tempo de algo máis de 11 horas.
Ao remate sempre hai alguén que di algo ao chegar á Malata (non sempre de boas formas) pero este ano nin iso... así que como Organización pouco máis temos que engadir aparte de darvos as:
GRAZAS A TOD@S!!!
ps: e se queredes deixar algún comentario sobre a vosa participación, xa sabedes onde estamos: no correo electrónico do Club ou neste mesmo blog, e tamén a través das redes sociais Facebook e Twitter seguindo a @cmferrol
Quedan horas para a VI edición da Marcha Costa Ártabra, que fai tamén e nada menos que a número 21 desde que organizamos andainas de 50 kilómetros.
Pois xa está todo listo: sendeiro, vituallas, material, voluntari@s... ata o tempo parece que o temos medio convencido para que se porte con todos vós... así que mañá sábado agardámosvos en Ferrol para gozar dos 50 kilómetros a pé máis espectaculares do ano!