Que para anunciar un super, poñen catro capachos con 2 cebolos e din aquelo de... "e o que sobre..para comedores sociales".
Nos non lle facemos propaganda paga a niguen, pero o certo é que o que nos sobrou, como sempre, o domingo pola mañan estaba na Cociña Económica de Ferrol.
E de paso aproveitamos: faceros socios
Onte celebramos a VIII marcha da Costa Ártabra, os 50 km a pé de Ferrol... fixo calor, había moita humidade, pero había folgos para camiñar e gozar dos fermosísimos recantos que agocha o noso concello. Deixámosvos aquí a valoración do noso presi para @s compañeir@s da FGM. Desde Santo Antonio da Cabana (que andan estes días de patrón) e coa ría de Ferrol ao fondo, agradecemos a vosa participación un ano máis... vémonos na vindeira!
...e non marchedes aínda, porque faltan as fotos, axiña viremos de publicalas no apartado correspondente!
Aí onde o vedes é o punto máis elevado do concello de Ferrol. O monte da lagoa a 309 metros sobre o nivel do mar. Mañá andaremos por eses camiños, quen sabe se saudando aos nosos amigos do parapente, ou se tocando as nubes coas mans como algún ano sucedeu...
...tamén poderemos gozar das fermosas vistas sobre a cidade e a ría, e tamén sobre a nosa Costa Ártabra impresionante, e parece que imos contar cun tempo máis ou menos agradable para a época do ano e para o que caeu estes días:
As páxinas web de Meteogalicia e AEMET din que imos ter temperaturas suaves e choiva pola tarde, a ver se non pasa moito de spray refrescante para os últimos quilómetros...
Que teñades boa andaina, vémonos!
Xa o dicía o outro día alguén: Non veñades por Ferrol, que é unha cidade moi moi fea... e desde logo, nin se vos ocorra andar as súas parroquias, desde Serantes até a A Cabana, pasando por Mandía, Esmelle, Marmancón, Covas, San Xurxo, Doniños, Brión e case andándolle xa na Graña...
Só podemos pedirvos que por favor NON VEÑADES... e menos a facer estes 50 quilómetros a pé pola Costa Ártabra o vindeiro sábado 10 de xuño... e que xa o din elas, aí tal e como as vedes tan rufas, deitadas e pousando para a foto da nosa compi Belén Sisto... ollando ao océano desde o Prioiro: HAI QUE ESTARCHE BEN COMA CABRAS para facerlle caso ao algoritmo ese e vir a padecer estas vistas!
...pero insistimos, queremos aforrarvos tanta fealdade, así que xa vos marcamos o camiño de volta e indicámosvos ben a saída da cidade...
...e namentras voltades, non saquedes moito a vista do camiño, non miredes aos lados nin moi cara adiante, non vaia ser que quededes petrificados con tanta fealdade!
En fin, como xa non sabemos como dicilo, imos ver se creando un eslogan facilón e pegadizo en plan vivamos como galegos! se vos queda na cabeza... é polo voso ben... veña Fonso, tira de eslogan:
NON VEÑADES!
...pero se aínda así queredes vir, lembrade que a inscrición á VIII Marcha da (feísima) COSTA ÁRTABRA, os 50 km a pé de FERROL, está aberta até o mércores 7 de xuño!