GRAZAS, GRAZAS GRAZAS....

domingo, xuño 12, 2016

.... por disfrutar connosco o impresionante dia de onte, atras quedan todos os días de remarcar a ruta, atras queda os traballos do concello para limpar varios tramos, atras quedan as ida e vidas a imprenta, atras quedan unha chea de traballo, moi recompensado no día de onte, por todos os comentarios que fumos recibindo a chegada

Onte 32 compañeir@s, puxemos toda a nosa ilusión en que disfrutardes da nosa zona, da nosa Costa Artabra, e creemos que (ademais o tempo axudou..) o conseguimos.

Dos 206 inscritos, sairon 196, e que sepamos 18 "caeron" no intento

Movimos cerca 1000kgs de material: casi 1000 augas, 600 bebidas isotónicas, 300 bocatas, 7 caixas de platanos e 7 de laranxas (colaboración de IFA- GADIS como sempre dende que empezamos a de San Andres de Teixido), non sei cantas bolsas de barritas e pasteliños, varias bolsas de tapóns solidarios recuperadas.



Ainda nos queda devolver todo o seu sitio, os bocatas que sobraron e a froita, a Cociña Economica de Ferrol, para que non se perda nada, e o resto.... para os 40kms de CEDEIRA, que xa están ahi!!!!!

Grazas a todos, a agardamos as vosas suxerencias, para poder mellorar un poquiño mais.

(en breve..centos de fotos)

  • Comparte a entrada en

5 comentarios