MEDIA COSTA ÁRTABRA 2021
domingo, xuño 13, 2021
Este ano 2021, e como sucedera xa no pasado 2020, a situación sanitaria provocada pola pandemia impediu celebrar con normalidade a edición da Marcha Costa Ártabra de Ferrol como viña sendo habitual, co seu percorrido completo de 50 kilómetros.
Mais non quixemos quedar tampouco na casa, porque está comprobado que o deporte ao aire libre –e respectando os correspondentes protocolos– é ben máis aconsellable que permañecer gardados en estancias pechadas... Así este segundo sábado de xuño lanzamos ao aire a unha proposta para que a xente do club se animara a completar en réxime de autoorganización –cada quen camiñando cos seus, e libremente ao seu ritmo ao longo do roteiro– a primeira metade do trazado circular de Ferrol entre A Malata e o noso habitual punto de comida, nas instalacións da Asociación de Veciños e Veciñas de San Xurxo da Mariña, tamén tradicionais colaboradores da nosa andaina, xa no p.k. 31 da ruta circular de 50km.
Desta volta acompañounos tamén o tempo, moi soleado e ventoso, para gozar da nosa Costa Ártabra, desde as alturas, e tamén a pé de mar... non poideches vir? podes revivir as sensacións botando un ollo á galería do noso compañeiro Fonso:
0 comentarios