CANTO COSTA?
Suponemos que por descoñecemento de persoas que pensan que todo cae do ceo (incluido o traballo non remunerado decenas de voluntari@s), porque atopar expresións públicas como: "25 pavos por un cutre bocata e unha bebida", so se pode entender dende o descoñemento, por non pensar mal:
Nos, que publicamos as contas anuais do club na web, non temos problemas en explicalas a calquera que non sepa de que vai o tema, ata agora levamos pagado:
* Ambulancia,
* Seguro,
* Detalle recordo,
* Bebidas isotónicas,
* Buses,
* Imprenta,
* Bocatas
4.489€
Que dividindo entre 194 inscritos, sae a 23€ per capita
E porque Gadis, dende hai anos nos facilita eses plátanos e laranxas, que a alguns lle pareceron insuficentes, e as augas.
Hai quen dixo, "lle tedes que pedir o concello", claro que temos subvención, pero entre 200 entidades deportivas que ten o concello de Ferrol, algunha organizando campeonatos Estatais... ¿que creedes que levamos os clubes minoritarios?,
Que fácil vese o cumio dende o campamento base!
0 comentarios