A TODO E TODAS QUE DISFRUTACHEDES DO SABADO PASADO NA DESPEDIDA, GRAZAS¡
luns, xuño 16, 2025
Sen dubida o día foi moi bo para camiñar, a falta de incidentes tamén é de suliñar, e pechamos unha etapa, que mais de un dixonos que era unha magoa, pero era algo que tiñamos que facer como nos 15 anos do Descenso do Belelle ou os 10 dos 40 kms das Terras de Cedeira. (en total 50 eventos de este tipo nos últimos 25 anos dos 50 da historia no noso Club)
Tamén é certo que atopamos un cambio de expectativa nalguns participantes, e do mesmo xeito que no 23, unha participante publicou e así republicamos neste blog que as sinaias eran deficientes, pois as criticas hai que acollelas
En todo caso pedimos disculpas ós que se sintesen decepcionados
Non sabemos onde nos perdimos como organización nestes 25 anos, o que si que dende o principio dicimos que a nosa é unha filosofía de ruta de montaña. E manter un percorrido de 50kms con atención ós mais de 150 participantes non é facíl
Como vemos que estos temas ahora van por outros lados, ese era outro motivo para deixar de facer este tipo de EVENTOS DEPORTIVOS, pois nos seguimos sendo unha entidade deportiva, modesta e cos recursos que temos.
Sentimos ter defraudado os que esperaban outro tipo de evento, pero tamén sentimonos defraudados nos por alguns comentarios, donde a educación... en fin. Ser volutari@ aguantar un dia enteiro dun lado para outro, e ter que aguantar algo que non son exactamente críticas constructivas.....
De todos xeitos: A todos e todas de novo grazas por participar
0 comentarios