CAMBIO RADICAL

martes, abril 15, 2014

A medida que imos marcando, imos vendo como queda, e non será porque non teñamos camiñado estas sendas.

Outro día a baixada dende o coto da Lagoa, vimos que a pista que vai pegada ó rego, está moi rota polas augas, e despois había que atravesar a degradada zona de area de Ponzos.
Así que deicidimos baixar dende a lagoa, polo oeste, cara ó Picheiro, e despois pasar pola parcelaria, non é mais bonito pero si mais cómodo. vaia que o traballo feito outro día valeu para pouco.
pero xa que nos metemos a modificiacións, queremos que a marcha toque os sitios mais interesantes, pero que non perxudique ó camiñante. Así que a volta por Prior, e casi seguro que non se faga.

  • Comparte a entrada en

0 comentarios