PORQUE ESTE INTINERARIO E NON OUTRO
luns, abril 28, 2014
Antes de nada gracias a todos os que estades indo xa a comprobar in situ a ruta, e todas as aportacións que nos facedes. Hai un tema recurrente, e que deberíanos encher de orgullo (e satisfación...) ¿como é posible que zonas de impresión do noso concello queden fora?.
¿Non é increible que fagamos unha ruta, bonita, de nada mais e nada menos que 50kms e ainda queden tramos fora que merecían a pena entrar? ¿Cantos concellos poden mostrar peito como Ferrol, por esa riqueza?
Cando fixemos o primeiro prantexamento sobre o mapa xa vimos que nos iban a sobrar kms a esgallo, e agora sobre o terreno imolo vendo.
Queremos o menor desnivel posible, (ainda así vai pasar de 1500mts positivos), non queremos pisar dunas, non queremos pisar asfalto, e pensamos que mais de 50kms xa non é humano para un día. Por iso Prior, Prioriño, Lobadiz, Cariño, San Felipe, cando menos nesta primeira edición van quedar fora, e non queremos facer mais do que podamos garantir. Pero este é un proxecto de futuro, e esperamos que eses puntos tan interesantes, dalgun xeito se incorporen ó itinerario. Pero pouco a pouco, este ano 50kms creemos que non dan mais de si.
1 comentarios