A ver... facía unha semana estabamos a 30 graos centígrados. Á metade da semana tiñamos a Migueliño, convertido en cicloxénese explosiva, e o sábado... Dúas dúcias de ovos a Santa Clara, fan miragres!!! O resumo en cifras: ao final 139 persoas inscritas, 6 delas non tomaron a saída na Malata, e polo que sabemos, 7 dos participantes non chegaron ao final da ruta....




Quedan horas para a VI edición da Marcha Costa Ártabra, que fai tamén e nada menos que a número 21 desde que organizamos andainas de 50 kilómetros. Pois xa está todo listo: sendeiro, vituallas, material, voluntari@s... ata o tempo parece que o temos medio convencido para que se porte con todos vós... así que mañá sábado agardámosvos en Ferrol para gozar dos 50...
Seguramente a pregunta que nos facemos tod@s antes da marcha... aquí tedes a predición do tempo, se queredes vela por horas en AEMET e a predición a curto prazo de METEOGALICIA. ...




...non, non estamos a falar dun deses realities da TV na que transforman o look dun incauto/a que se presta ao te. O que hoxe vos traemos é o resultado do traballo de repaso que fixo o noso equipo de balizadores. Desta volta Alfonso e Xandre, que hai perto dun mes repasaron os 50 quilómetros da marcha, transformáronse en brigada de mantemento estes...




Sempre xurde a pregunta: é a Costa Ártabra difícil? ...desde logo non estamos ante unha marcha doada, alo menos hai que contar co fondo físico necesario para completar un trazado longo, cun importante desnivel acumulado, e cunha duración moi prolongada. A predición do tempo tamén pode facer máis ou menos levadeira a xornada... lembrades a onda de calor africana que nos acompañou na...
A figura de alcaldes, bispos e demais xerarquías ten abondosa presenza na nosa rica microtoponímia, normalmente para sinalar puntos onde lindan parroquias e concellos. Así, no percorrido da marcha Costa Ártabra e pasado o Coto da Lagoa, temos a Fonte dos Tres Alcaldes, no lugar onde se xuntan as parroquias de Covas e Mandiá no lado de Ferrol, coa do Val no veciño...
Que azul queres? porque na Marcha Costa Ártabra temos onde escoller... iso si, non te durmas moito porque a andaina está á volta da esquina... así que non deixes a inscrición para a última hora. na páxina de inscrición tes toda a información.... e se xa o fixeches consulta a listaxe de inscrit@s... vémonos o 8 de xuño nos 50 km de Ferrol...
Xa está en marcha a VI edición da Costa Ártabra... ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓNS ...