HAI QUE ESTAR COMA CABRAS

domingo, xuño 04, 2023


 Xa o dicía o outro día alguén: Non veñades por Ferrol, que é unha cidade moi moi fea... e desde logo, nin se vos ocorra andar as súas parroquias, desde Serantes até a A Cabana, pasando por  Mandía, Esmelle, Marmancón, Covas, San Xurxo, Doniños, Brión e case andándolle xa na Graña...

Só podemos pedirvos que por favor NON VEÑADES... e menos a facer estes 50 quilómetros a pé pola Costa Ártabra o vindeiro sábado 10 de xuño... e que xa o din elas, aí tal e como as vedes tan rufas, deitadas e pousando para a foto da nosa compi Belén Sisto... ollando ao océano desde o Prioiro: HAI QUE ESTARCHE BEN COMA CABRAS para facerlle caso ao algoritmo ese e vir a padecer estas vistas!


...pero insistimos, queremos aforrarvos tanta fealdade, así que xa vos marcamos o camiño de volta e indicámosvos ben a saída da cidade...



...e namentras voltades, non saquedes moito a vista do camiño, non miredes aos lados nin moi cara adiante, non vaia ser que quededes petrificados con tanta fealdade!

 

 En fin, como xa non sabemos como dicilo, imos ver se creando un eslogan facilón e pegadizo en plan vivamos como galegos! se vos queda na cabeza... é polo voso ben... veña Fonso, tira de eslogan:

 

NON VEÑADES! 

...pero se aínda así queredes vir, lembrade que a inscrición á VIII Marcha da (feísima) COSTA ÁRTABRA, os 50 km a pé de FERROL, está aberta até o mércores 7 de xuño!






 

  • Comparte a entrada en

0 comentarios