Despois dunha dura noite de auga, ao final houbo un día decente para camiñar, e iso que xa pola tarde algo choveu. Dos 165 inscritos 26 non tomaron a saída e 17 retiraronse... non estivo nada mal! Presenza activa da Federación Galega de Montañismo (somos o único club de Galicia con 20 marchas de 50km no lombo, e até de agora gañabanos Allariz...
No Día Mundial dos Océanos despedimos a xornada como tantas veces, ollando cara o mar desde a nosa Costa Ártabra. Xa temos todo listo para o día de mañá, agardámosvos cun camiño despexado e unha climatoloxía suave para a época do ano na que andamos... pero todo iso o iremos vendo facendo camiño. Vémonos na Malata, Deica! ...
Se onte ocupabamos parte do espazo radiofónico de Hoy por Hoy na Cadena SER Ferrol, hoxe La Voz de Ferrol enche de cor unha páxina falando da Marcha Costa Ártabra que celebramos o sábado... 50 km de Ferrol a pé, moito por ver! ...





Un ano máis e co gallo do Día Internacional do Medioambiente, presentamos polo rexistro do Concello de Ferrol unha proposta para promover a creación dun miradoiro aproveitando unhas terras baldías na glorieta de incorporación ao vial do acceso ao Porto Exterior, en Covas. Vista 3D da zona proposta para a intervención (Fonte: Google Earth) Se o pasado ano aproveitamos a conmemoración do Día...
Conforme vai achegando o día do sábado vaise afinando a predición meteorolóxica. Sabedes que máis aló de 3 días vista hai que tomar os prognósticos con pinzas, pero aquí deixámosvos varios links para que sigades a evolución para a zona de Ferrolterra: en Meteogalicia, en Aemet, ou en 4gotas por citar tres... agora, se queredes outra opinión... 🙈🙉🙊😀 ...
A falta de pechar a inscrición para os federados e para uns cantos que temos cos papeis incompletos (lembrade sempre que hai que enviar a documentación completa, e @s federad@s copia da licenza en vigor), xa pasamos dos 150. O mellor de todo e que non vai facer o calor doutros anos, o resto está todo en marcha, ruta resinalizada, unhas cantas pistas...
Pois iso, en principio hoxe temos o peche de prazo para as inscricións libres á V Marcha Costa Ártabra. Se non o fixeches aínda non o penses moito máis aquí tes máis info e o formulario... pola nosa banda e como podedes ver, nós seguimos a dalo "todo" para que o sábado teñades as máximas facilidades durante os 50 KM de Ferrol! Pois...
Sabemos que moita xente agarda ao derradeiro día para inscribirse na andaina por mor da predición meteorolóxica. Nas últimas edicións o tempo nesta altura do ano respectou aos sendeiristas. Desta volta coincide tamén a celebración da andaina o 9 de xuño co que sería o teórico "40 de maio" do refraneiro así que só falta saber se poderemos "quitar o saio"... FORMULARIO DE...







Este ano chegamos á quinta edición da Marcha Costa Ártabra que iniciamos en 2014, un roteiro circular de longo percorrido polas parroquias rurais e a costa de Ferrol onde o océano é protagonista. Pero a Marcha Costa Ártabra non pode entenderse sen lembrar o seu precedente: O Camiño a Teixido, un roteiro lineal de 50 km entre Ferrol e Santo André de Teixido...






Unha das queixas máis recorrentes en xeral dos camiñantes son os tramos asfaltados nos percorridos de sendeirismo. No trazado da Ruta Costa Ártabra, e quitando os lóxicos treitos do comezo e o final da andaina conforme imos saíndo ou penetrando na zona máis urbana de Ferrol, a zona con piso alquitranado máis problemática, pola súa lonxitude, está no lugar de Outeiro en...
Vou facer os 50 km a pé da Ruta Costa Ártabra e lembrei de ti! En Ferrol, o sábado 9 de xuño de 2018 Vou facer os 50 km a pé da Ruta Costa Ártabra e lembrei de ti! En Ferrol, o sábado 9 de xuño de 2018 ...
Estamos a pouco máis de 10 días vista da cita coa marcha máis potente que organizamos desde Ferrol para o mundo. Deixamosvos cun chute de enerxía e optimismo en forma de vídeo-resumo da II Marcha Costa Ártabra de 2015 que celebramos conxuntamente co I Raid Costa Ártabra: Os 50 quilómetros da nosa Costa Ártabra en 160 segundos... Formulario de inscrición 2018 e...
Esa estraña sensación de ollar aos nosos amigos parapentistas... desde arriba! Practicando o voo perto da antiga mina de ouro de Covarradeiras en Ponzos, Covas, outro dos "tesouros" da nosa Costa Ártabra que podes observar durante a marcha. ...


ESTAS SON AS CORES DA NOSA RUTA O monte está impresionante, vaiamos por onde vaiamos, o que si que hai é grande cantidade de biomasa (ou sexa: toxo) no monte que agardemos que non haxa un par de días de nordés... Temos un par de cambios na ruta para mellorar a experiencia d@s camiñantes: 1) unha baixada de pedras soltas que imos sortear;...
V Marcha Costa Ártabra Folleto e formulario de inscrición V Marcha Costa Ártabra Folleto e formulario de inscrición ...
...