Despois dunha dura noite de auga, ao final houbo un día decente para camiñar, e iso que xa pola tarde algo choveu.
Dos 165 inscritos 26 non tomaron a saída e 17 retiraronse... non estivo nada mal!
Presenza activa da Federación Galega de Montañismo (somos o único club de Galicia con 20 marchas de 50km no lombo, e até de agora gañabanos Allariz pero este ano xa non fixeron de 50).
Así pois non nos queda máis que 2 cousas:
Agradecervos a tod@s un ano máis a vosa presenza, en especial os que vides de lonxe (Vigo, Ourense e os compañeiros do Pena Trevinca do Barco de Valdeorras).
Outra pedirvos disculpas pola sinalización en varios puntos, pois durante a semana remarcamos con spray (non queremos ser agresivos co medio, e sabemos que o spray nun par anos desaparece) pero as choivas dos días anteriores borrounos unhas cantas delas...
E xa estamos a pendurar as fotos no blog.
Grazas de novo por vir a coñecer a nosa Costa Artabra.