Este ano 2021, e como sucedera xa no pasado 2020, a situación sanitaria provocada pola pandemia impediu celebrar con normalidade a edición da Marcha Costa Ártabra de Ferrol como viña sendo habitual, co seu percorrido completo de 50 kilómetros.
Mais non quixemos quedar tampouco na casa, porque está comprobado que o deporte ao aire libre –e respectando os correspondentes protocolos– é ben máis aconsellable que permañecer gardados en estancias pechadas... Así este segundo sábado de xuño lanzamos ao aire a unha proposta para que a xente do club se animara a completar en réxime de autoorganización –cada quen camiñando cos seus, e libremente ao seu ritmo ao longo do roteiro– a primeira metade do trazado circular de Ferrol entre A Malata e o noso habitual punto de comida, nas instalacións da Asociación de Veciños e Veciñas de San Xurxo da Mariña, tamén tradicionais colaboradores da nosa andaina, xa no p.k. 31 da ruta circular de 50km.
Desta volta acompañounos tamén o tempo, moi soleado e ventoso, para gozar da nosa Costa Ártabra, desde as alturas, e tamén a pé de mar... non poideches vir? podes revivir as sensacións botando un ollo á galería do noso compañeiro Fonso:
A ver... facía unha semana estabamos a 30 graos centígrados. Á metade da semana tiñamos a Migueliño, convertido en cicloxénese explosiva, e o sábado...
Dúas dúcias de ovos a Santa Clara, fan miragres!!!
O resumo en cifras: ao final 139 persoas inscritas, 6 delas non tomaron a saída na Malata, e polo que sabemos, 7 dos participantes non chegaron ao final da ruta. Os restantes 126 completaron os 50 kilómetros, os últimos fixeronna nun tempo de algo máis de 11 horas.
Ao remate sempre hai alguén que di algo ao chegar á Malata (non sempre de boas formas) pero este ano nin iso... así que como Organización pouco máis temos que engadir aparte de darvos as:
GRAZAS A TOD@S!!!
ps: e se queredes deixar algún comentario sobre a vosa participación, xa sabedes onde estamos: no correo electrónico do Club ou neste mesmo blog, e tamén a través das redes sociais Facebook e Twitter seguindo a @cmferrol

Quedan horas para a VI edición da Marcha Costa Ártabra, que fai tamén e nada menos que a número 21 desde que organizamos andainas de 50 kilómetros.
Pois xa está todo listo: sendeiro, vituallas, material, voluntari@s... ata o tempo parece que o temos medio convencido para que se porte con todos vós... así que mañá sábado agardámosvos en Ferrol para gozar dos 50 kilómetros a pé máis espectaculares do ano!
Seguramente a pregunta que nos facemos tod@s antes da marcha... aquí tedes a predición do tempo, se queredes vela por horas en AEMET e a predición a curto prazo de METEOGALICIA.
...non, non estamos a falar dun deses realities da TV na que transforman o look dun incauto/a que se presta ao te.
O que hoxe vos traemos é o resultado do traballo de repaso que fixo o noso equipo de balizadores. Desta volta Alfonso e Xandre, que hai perto dun mes repasaron os 50 quilómetros da marcha, transformáronse en brigada de mantemento estes días para facer visibles as marcas da ruta porque hai que ver como medra o verde en Ferrol... será polo Racing?! ;-)
Sempre xurde a pregunta: é a Costa Ártabra difícil? ...desde logo non estamos ante unha marcha doada, alo menos hai que contar co fondo físico necesario para completar un trazado longo, cun importante desnivel acumulado, e cunha duración moi prolongada.
A predición do tempo tamén pode facer máis ou menos levadeira a xornada... lembrades a onda de calor africana que nos acompañou na I edición?
Pero desde logo a Costa Ártabra é unha marcha diferente: fermosa polas paraxes que atravesamos, andando a totalidade das parroquias rurais do concello de Ferrol, incrible polas vistas e os contrastes entre o monte e o mar bravo da nosa costa, e que tamén nos proporciona vistas da cidade e da ría pouco coñecidas polo gran público.
Tamén é unha marcha agradecida, pola camaradaría que se establece entre os participantes e tamén cos voluntari@s da organización ao longo de todo o percorrido, que sen dúbida axudan a facer máis levadeiros os quilómetros, cos postos de avituallamento, as indicacións, ou o soporte ante calquer eventualidade que se poida presentar no camiño.
A Marcha Costa Ártabra, así, feita dunha tirada de 50 quilómetros como adoitamos facer os segundos sábados de xuño desde hai 6 anos, é tamén unha proba para cada participante... cada quen leva dentro a súa motivación, moitos recuncan de anteriores participacións, ou das marchas de longo percorrido que se organizan por todo o país ao longo do ano... pero tamén hai moitas outras persoas que veñen ou se atreven por primeira vez, sós ou en compaña, con este tipo de andainas... así que para todos vós o noso desexo: por enriba de todo pasádeo ben... logo hai que chegar, pero se a nivel individual non se deran as circunstancias, nin sequera iso é o importante, porque o verdadeiramente importante é que marchedes satisfeit@s e que poidades dicir eu participei nos 50 km a pé de Ferrol!
Aproveitade os últimos días de inscrición, vémonos o sábado!
A figura de alcaldes, bispos e demais xerarquías ten abondosa presenza na nosa rica microtoponímia, normalmente para sinalar puntos onde lindan parroquias e concellos.
Así, no percorrido da marcha Costa Ártabra e pasado o Coto da Lagoa, temos a Fonte dos Tres Alcaldes, no lugar onde se xuntan as parroquias de Covas e Mandiá no lado de Ferrol, coa do Val no veciño concello de Narón.
Pero o que traemos hoxe ao anecdotario da nosa marcha sucedeu aló polo 2015, naquela II edición coincidiunos –como este ano– após da celebración das eleccións locais de maio, dándose a curiosidade de que o segundo sábado de xuño celebrouse o pleno de constitución da corporación municipal, polo que ese día comezamos a marcha cun alcalde e rematámola con outro!
Este ano non se dá a feliz coincidencia da celebración do pleno, así que aproveitamos para convidar a tod@s os munícipes, que tan deportivos estiveron estes días de campaña todo hai que dicilo, a participar nos 50 de Ferrol... que mellor forma de coñecer o concello! ;-)

Vídeo: resumo da II Marcha Costa Ártabra (2015)
Que azul queres? porque na Marcha Costa Ártabra temos onde escoller... iso si, non te durmas moito porque a andaina está á volta da esquina... así que non deixes a inscrición para a última hora. na páxina de inscrición tes toda a información.... e se xa o fixeches consulta a listaxe de inscrit@s... vémonos o 8 de xuño nos 50 km de Ferrol a pé!